Os dereitos humanos

Os dereitos humanos

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos. Dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. - Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
 
Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como a súa familia, a saúde e o benestar e, en especial, alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios.
 
Ase mesmo, ten dereito aos seguros en caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade.
 
O marco de protección dos dereitos humanos e a dignidade humana ten o seu precedente en distintas declaracións internacionais e dereitos constitucionais e instrumentos de carácter xurídico, dos cales mais relevantes son:
  • A Declaración universal de dereitos humanos, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 217 A (III), de 10 de decembro de 1948 e que recolle os dereitos humanos considerados básicos.
    A unión deste Declaración e os Pactos Internacionais de Dereitos Humanos comprende a Carta Internacional de Dereitos Humanos.
  • Os Dereitos da Infancia son dereitos que posúen as nenas, nenos e adolescentes pola sinxela razón de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.
    A primeira declaración de dereitos do neno, de carácter sistemática, foi a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno de 1924, redactada por Eglantyne Jebb fundadora da organización internacional Save the Children, que foi aprobada pola Sociedade de Nacións o 26 de decembro de 1924.
    As Nacións Unidas aprobaron en 1948 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que, implicitamente, incluía os dereitos do neno. As particulares necesidades de protección da infancia levaron á Asemblea Xeneral da ONU, a aprobar en 1959 unha Declaración dos Dereitos do Neno, na que constaban 10 principios, que concretaban os anteriores.
    O Fondo Internacional da Emerxencia das Nacións Unidas para os nenos (UNICEF) inicia en 1953 as súas labores como organismo especializado e permanente para a protección da infancia (Fondo das Nacións Unidas para a Infancia). En 1989, as Nacións Unidas presentaron a Convención sobre os Dereitos do Neno, que entrou en vigor ao ano seguinte.
  • Os Dereitos Constitucionais, recollidos na Constitución española que outorga a toda a cidadanía unha serie de dereitos fundamentais e liberdades públicas e regula unha serie de garantías para este tipo de dereitos.
  • A universalización dos dereitos humanos enriqueceuse co desenvolvemento da disciplina da Bioética. Esta disciplina trata de entrelazar a cultura científica e a cultura humanística, co fin de aportar solucións aos conflitos da sociedade actual, desde a súa complementariedade.
    Os dereitos humanos foron engrandecéndose coa consideración de principios éticos que fan énfase na autonomía da persoa, no respecto á súa integridade cando se somete á práctica médica, na xusta distribución de recursos sanitarios dentro dos criterios de igualdade, de dignidade dos seres humanos, na defensa da vida ou na protección daquelas persoas que, pola súa condición económica, física ou mental, atópanse en situación de debilidade manifesta.