Deberes

Deberes

Do seu compromiso co Sistema Público de Saúde de Galicia esperamos de vostede a súa ...
Cooperación co Sistema Público de Saúde de Galicia
  • Cumprindo coas prescricións xerais de natureza sanitaria comúns a toda a poboación, así como as específicas determinadas polos servizos sanitarios.
  • Cooperando coas autoridades sanitarias na protección da saúde e na prevención das enfermidades.
  • Cumprindo as normas e os procedementos de uso e acceso aos dereitos que se lle outorguen a través desta lei.
Bo uso dos recursos
  • Usando axeitadamente os recursos, os servizos e as prestacións ofrecidas polo sistema sanitario
  • Comunicando ao sistema sanitario, coa maior brevidade posible, a non utilización por calquera causa dun servizo programado previamente.

Normas e respecto ao persoal

  • Mantendo o debido respecto ao persoal que presta os seus servizos no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia.
  • Coidando as instalacións e colabore no mantemento da habitabilidade das institucións sanitarias.
  • Mantendo a debida observancia das normas establecidas en cada centro.
Durante o proceso asistencial
  • Asinando os documentos de alta voluntaria cando non desexe a continuidade do tratamento que se lle dispensa. Non obstante, o feito de non aceptala, non determinará a alta inmediata cando existan outros tratamentos alternativos, de cura ou paliativos, e o paciente desexe recibilos. Neste último caso, tal situación deberá quedar debidamente documentada despois da información correspondente.