Consulta Historia Clínica e Farmaco - terapéutica

Consulta Historia Clínica e Farmaco - terapéutica

A Historia Clínica Electrónica en Galicia é o rexistro unificado de toda a información clínica procedente de actividades relacionadas coa saúde: consultas, intervencións cirúrxicas, probas diagnósticas, prescricións farmacolóxicas, etc... realizadas a un doente nos diferentes niveis asistenciais que compoñen o Servizo Galego de Saúde.

 

Este sistema, denominado IANUS, ofrece a información clínica dispoñible para un paciente, independentemente do hospital, clínica e/ou centro de saúde de Galicia no que se rexistrara.

 

A través dos accesos publicados a continuación, vostede terá acceso a:

  1. Os distintos tipos de documentos que conforman a información clínica xerada en formato electrónico no Servizo Galego de Saúde, que irá aumentando de xeito progresivo.
  2. Documentación clínica dispoñible nos Servizos de Saúde das Comunidades Autónomas conectadas a través do proxecto Historia Clínica Dixital do Sistema Nacional de Saúde (HCDSNS).

Mediante este servizo vostede poderá:

    • Consultar, imprimir ou gardar os informes clínicos en formato electrónico que existan sobre vostede nalgunha comunidade autónoma (iránse incorporando progresivamente os distintos tipos de documentos dispoñibles en formato electrónico que forman parte da historia clínica dos cidadáns galegos en calquera Servizo de Saúde do Sistema Nacional de Saúde).
    • Visualizar o rexistro de accesos na plataforma de historia clínica compartida do Sistema Nacional de Saúde (HCDSNS)

 

Para o acceso a estos servizos necesita o D.N.I. Electrónico con certificado válido.