Que podo atopar en É-saúde?
- Fichas de saúde: Fichas informativas sobre diversos temas de saúde.
- Calendario: Consulta das súas citas.
- Historia clínica: Acceso aos informes da súa historia clínica electrónica.
- Medicación: Información sobre a súa medicación pasada, actual e futura.
- Atención sanitaria: Xestión das súas citas e información sobre os seus profesionais.
- Adestramento en saúde: Xestión da súa propia saúde, definnición de iniciativas de mellora e seguimento das mesmas.
- Asociacións: Acceso á información de asociacións de pacientes e posibilidade de interacción entre os seus membros.
- Comunidades: Posibilidade de participación en comunidades abertas e restrinxidas.
- Cursos: Acceso a cursos online para profundar en temas do seu interese.
- Centros: Información de farmacias, hospitais, centros de saúde e servizos de urxencias.
- Información e Trámites: Información histórica sobre a súa saúde e xestión de trámites co Sergas.
Quen pode acceder?
- Ciuadáns con Tarxeta Sanitaria Sergas de 18 ou máis anos
- Profesionais sanitarios
- Asociacións de pacientes
Como pode acceder?
- Acceda á páxina web http://esaude.sergas.es
- Seleccione a opción 'Acceder'
- No formulario de acceso escoller unha das opcións de acceso, entre as dispoñibles:
Acceso sen identificación
Non é necesario identificarse.
Acceso con seguridade alta
Pode darse de alta no sistema Chave365 de dous modos:
- Presencialmente, en calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de Chave365 ou un Centro de Saúde. Debe acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando o seu DNI. Pode consultar o listado de órganos acreditadores no seguinte enlace
- De maneira electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Para elo debe ter instalado no seu navegador un certificado electrónico válido ou empregar o seu DNI electrónico e dirixirse ó seguinte enlace.
A clave CHAVE365 debe renovarse anualmente presencial ou electrónicamente.
A que vou ter acceso?
Existen dous tipos de accesos a É-Saúde e función do contido ao que acceda:
- Acceso sen identificación
Poderá acceder aos contidos públicos de É-saúde como fichas A-Z, listaxe de comunicacións, listaxe de asociacións, consulta de centros, etc.
- Acceso con seguridade alta
Poderá acceder a toda a súa información de saúde e contidos personalizados que ofrece a plataforma, como os informes das súas historia clínica e dos seus tratamentos.