Cidadán doutros países que accede a Galicia

Cidadán doutros países que accede a Galicia

Os pacientes de outros estados membros da Unión Europea que opten pola atención transfronteriza en Galicia, tanto en centros de titularidade pública coma privada, serán atendidos nas mesmas condicions que os pacientes galegos, tanto no acceso como no coste da asistencia.

Atención en hospitais do Sergas

O acceso de pacientes doutros estados membros que opten pola atención transfronteiriza nos hospitais do Servizo Galego de Saúde será nas mesmas condicións que os pacientes galegos, e as tarifas a aplicar as de prezos públicos. A solicitude de asistencia en hospitais do Sergas presentarase ante o servizo de Admisión do centro, de acordo co formulario establecido.

Información sobre reclamacions
Na atención en hospitais do Sergas é de aplicación o réxime de responsabilidade previsto no título X da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Facilitarase ao usuario cando o requira información sobre a cobertura do seguro de responsabilidade.