Acceso á prestación farmacéutica a través de receita electrónica (ePrescription/eDispensation-eP/eD)
- A Receita electrónica interoperable europea permite que as farmacias da Unión Europea poidan dispensar receitas electrónicas prescritas noutros países europeos.
- Trátase dun proxecto enmarcado na Infraestructura de Servizos Dixitais de Saúde Electrónica (eHealth Digital Service Infrastructure ou eHDSI) para a comunicación de información clínica transfronteiriza, que proporciona o acceso a unha atención sanitaria segura e de alta calidade.
BENEFICIOS:
- A cidadanía con tarxeta sanitaria do SERGAS pode recoller a súa medicación nas farmacias dos países da Unión Europea que estean adscritos ao proxecto.
- A cidadanía doutro país europeo que estea adscrito ao proxecto, pode recoller a súa medicación nas farmacias galegas.
REQUISITOS:
1.- CONSULTA DE PAISES OPERATIVOS
Se vostede ten Tarxeta Sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, vai viaxar a outro país europeo e quere recoller alí a súa medicación, o primeiro que debe consultar é: os países operativos para dispensar receitas electrónicas emitidas noutro país europeo:
Ministerio de Sanidad - Profesionales - "Mi salud" - Europa”
2.- RECOLLIDA
3.- IDENTIFICACIÓN
4.-PROTECCIÓN DE DATOS
Na farmacia, antes de aceder á súa medicación, amosaranlle un documento coa información sobre o tratamento dos seus datos persoais (Patient Information Notice ou P.I.N).
Léao atentamente, non é necesario que o asine.
5.-PAGAMENTO
6.-PRODUCTOS EXCLUIDOS
Hai algúns tipos de medicamentos que non lle poderán dispensar noutro país: