Cidadán da Unión Europea: acceso á prestación farmacéutica a través de receita electrónica

Cidadán da Unión Europea: acceso á prestación farmacéutica a través de receita electrónica

Acceso á prestación farmacéutica a través de receita electrónica (ePrescription/eDispensation-eP/eD)
  • A Receita electrónica interoperable europea permite que as farmacias da Unión Europea poidan dispensar receitas electrónicas prescritas noutros países europeos.
  • Trátase dun proxecto enmarcado na Infraestructura de Servizos Dixitais de Saúde Electrónica (eHealth Digital Service Infrastructure ou eHDSI) para a comunicación de información clínica transfronteiriza, que proporciona o acceso a unha atención sanitaria segura e de alta calidade.

BENEFICIOS:

  • A cidadanía con tarxeta sanitaria do SERGAS pode recoller a súa medicación nas farmacias dos países da Unión Europea que estean adscritos ao proxecto.
  • A cidadanía doutro país europeo que estea adscrito ao proxecto, pode recoller a súa medicación nas farmacias galegas.

 

REQUISITOS:

1.- CONSULTA DE PAISES OPERATIVOS

  • Se vostede ten Tarxeta Sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, vai viaxar a outro país europeo e quere recoller alí a súa medicación, o primeiro que debe consultar é: os países operativos para dispensar receitas electrónicas emitidas noutro país europeo: Ministerio de Sanidad - Profesionales - "Mi salud" - Europa”
  • Se vostede é doutro país europeo, vai viaxar a España e quere recoller alí a súa medicación, o primeiro que debe consultar é: as comunidades autónomas para dispensar receitas electrónicas europeas, entre as que se atopa Galicia: Ministerio de Sanidad - Profesionales- "Mi salud" - Europa”

 

QR.png

 

2.- RECOLLIDA
  • Só poderá recoller noutro país a medicación prescrita na Comunidade Autónoma emisora da súa tarxeta sanitaria.
  • Non é necesario que presente a folla do seu tratamento activo.

3.- IDENTIFICACIÓN

  • Para poder retirar a medicación noutro país debe levar a súa tarxeta sanitaria e un documento con foto (DNI ou pasaporte).
  • NON poderá retirar a medicación no nome doutra persoa.

dni-pasaporte.jpg

 

 4.-PROTECCIÓN DE DATOS

 

Documento_PIN(SANIDAD.gob.es.png
 

 

5.-PAGAMENTO
  • Deberá aboar o 100% do importe da medicación. A farmacia deberá emitir un ticket para que vostede poida solicitar o reembolso na súa Comunidade Autónoma. Non o perda!.

ticket.jpg

6.-PRODUCTOS EXCLUIDOS

 

Hai algúns tipos de medicamentos que non lle poderán dispensar noutro país:

  • Estupefacientes
  • Efectos e accesorios ou productos sanitarios
  • Vacinas individualizadas
  • Fórmulas maxistrais
  • Produtos dietoterápicos

pastillas.png