Dirección de Recursos Económicos

Dirección de Recursos Económicos

Á fronte da Dirección de Recursos Económicos estará un director ou directora. A persoa titular deberá ser licenciado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior e o seu nomeamento e cesamento produciranse por orde da persoa titular da Consellería de Sanidade.
Son funcións da Dirección de Recursos Económicos as seguintes:
a) A xestión do orzamento de gastos, da xestión de facturación e cobramento, da xestión dos plans de investimentos e da xestión do patrimonio, no ámbito da respectiva área, de acordo cos obxectivos e directrices xerais fixados polo Servizo Galego de Saúde, e de conformidade coa normativa vixente.
b) Subministrar a información necesaria para un axeitado control da xestión.
c) Realizar o seguimento da execución dos orzamentos asignados a cada centro de gasto.
d) Exercer calquera outra función que lle sexa encomendada ou delegada pola respectiva xerencia