CLASES SEN FUME
   
 
   

Antecedentes

“Clases sen fume” naceu en Finlandia en1989.
En 1997, esténdese a outros países europeos.
Clases sen fume é un proxecto da Rede Europea de Mozos e Tabaco (ENYPAT: European Network on Young People and Tobacco), con sede en Helsinki (Finlandia) e conta co financiamento da Comisión Europea.

Os países que participaron en anteriores campañas veñen recollidos na seguinte táboa e no mapa.

Austria Islandia
Alemaña Italia
Bélxica Luxemburgo
Dinamarca Portugal
Finlandia Suíza
Francia Holanda
Grecia Reino Unido (Gales)
España

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A participación é moi variada en función dos seus promotores, podéndose levar a cabo dende concellos, delegacións provinciais e comunidades autónomas

¿Que é Clases sen Fume?

É un programa europeo para a prevención do tabaquismo que se desenvolve na escola e utiliza o premio-recompensa como estímulo.
Está dirixido aos escolares do 1º ciclo de ensino secundario obrigatorio, é dicir, mozos e mozas de 12 a 14 anos de idade.
Baséase no compromiso colectivo de toda a clase de non fumar durante un período de 6 meses consecutivos durante o curso escolar, e na responsabilidade e confianza mutuas de todos eles. Reforzando:

A idea desta competición trata de reforzar o desexo do comportamento de non fumar.

De acordo coa teoría da aprendizaxe, un reforzo positivo aumenta a probabilidade de alcanzar un determinado comportamento. Deste xeito, o non fumar convértese nun comportamento popular e valorado, e as normas sociais dentro do grupo vense influenciadas de tal xeito que o non fumar convértese en algo máis frecuente que o fumar.

Obxectivos

¿Quen pode participar?

Tódalas clases de 1º e 2º de ESO dos centros docentes de Galicia.

Regras da Competición


As regras da competición son basicamente as mesmas en todos os países participantes:

Actividades

As aulas participantes terán que presentar un slogan, unha actividade creativa e traballar as unidades didácticas de prevención do tabaquismo.
Só se admitirá un slogan e actividade creativa por aula.

1.- O slogan

Consistirá nun lema, acompañado dunha representación gráfica orixinal e positiva sobre a prevención do tabaquismo, preferiblemente dirixido a convencer a mocidade para non comezar a fumar.
Presentarase un só slogan seleccionado pola clase.
Haberá un premio ao mellor slogan.
Utilizarase o impreso específico facilitado polo programa, que deberá remitirse antes do 15 de decembro de 2006.

2.- Actividade creativa

Consistirá nunha actividade orixinal dirixida á prevención do tabaquismo.
Poderá presentarse nas seguintes modalidades: deseño de materiais multimedia, anuncio publicitario, canción con baile, obra de teatro ou xogos.
Haberá un premio á mellor actividade. Valorarase o tempo dedicado e a implicación de toda a aula na súa realización e representación.
Previamente ao seu desenvolvemento, deberá presentarse un proxecto que recolla os obxectivos didácticos e de prevención do tabaquismo, a descrición da actividade e a distribución das tarefas dos escolares.
Para a presentación do proxecto utilizarase o impreso específico facilitado polo programa, que deberá remitirse antes do 15 de decembro de 2006.

3.- As unidades didácticas

Ao longo do concurso traballaranse na aula os materiais didácticos relacionados coa prevención do consumo de tabaco, recollidos na guía Experiencia de educar para a saúde na escola. Programa de prevención do consumo de drogas, facilitados polo Plan de Galicia sobre Drogas.
Facilitaranse os cadernos para os escolares, adaptados a cada nivel educativo.

Actividades optativas:

Cada aula poderá propoñer, con carácter voluntario, a realización doutras actividades como a:

Premios

Premios para os escolares

 

ü Viaxe a un parque temático para todos os escolares de 3 aulas:

Unha seleccionada por sorteo paritario entre todas as que cheguen ao final do concurso cumprindo os requisitos esixidos.
Dúas elixidas por un xurado como gañadoras dos premios ao “MELLOR SLOGAN” e á “MELLOR ACTIVIDADE CREATIVA”.

ü  Accésits: para os escolares das aulas finalistas.

ü  Diploma acreditativo de participación e material divulgativo do programa para cada un dos escolares que cheguen ao final do concurso.

 Premio para os docentes

ü  Premio proxecto de centro, a mellor unidade didáctica presentada, elixida por un xurado segundo os criterios de valoración establecidos nas bases do concurso.

Premio internacional

   Unha viaxe a Berlín. Sortearase entre todos os países participantes. O país gañador seleccionará a aula gañadora mediante sorteo entre as clases que finalicen con éxito o concurso.

Os premios non serán, en ningún caso, acumulativos e deberan ser disfrutados nas datas propostas pola organización do concurso, a non aceptación das mesmas suporá a renuncia automática o premio.

Calendario

   Datas clave:

2006

13 de outubro Remisión da ficha de inscrición no programa.
Remisión da ficha de compromiso da aula.

2 de novembro Comezo do compromiso de non fumar.
10 de novembro Remisión dos cuestionarios dos escolares
Recollida das fichas de compromiso dos escolares
15 de decembro Remisión do slogan.
Remisión da ficha do proxecto da actividade creativa.
2007
31 de marzo Remisión da actividade creativa.
16 de abril Remisión do proxecto de centro dos profesores (opcional)
30 de abril Remate do compromiso de non fumar.
7 de maio Remisión da ficha de seguimento de participación.
Remisión do cuestionario final
MAIO Acto de entrega de premios.

Materiais que facilita o programa

 

Coordinación nacional e internacional

Europa: IFT-Nord en Kiel, Alemaña

España:

Galicia:

Organiza:

      Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública. Programa de Promoción da Vida sen Tabaco

 

Dirección Xeral de Saúde Pública

Dª. Begoña Alonso de la Iglesia (begona.alonso.iglesia@sergas.es)
Dª. Mª Jesús García Blanco (maria.jesus.garcia.blanco@sergas.es)
Servizo de Prevención e Control de Enfermidades Non Transmisibles.

Edificio administrativo da Consellería de Sanidade. San Lázaro, s/n
15703 - Santiago de Compostela.
Tel.. 981 54 18 34   Fax: 981 54 29 70 // 981 54 29 43

Delegacións provinciais da Consellería de Sanidade

A CORUÑA
Dª. Berta Gómez Tato (berta.gomez.tato@sergas.es)
Gregorio Hernández, 2
15011 - A Coruña
Tel.: 981 18 58 36   Fax: 981 18 58 01

LUGO
Dª. Esperanza Otero Vázquez (esperanza.otero.vazquez@sergas.es)
Rúa Montevideo, 9
27001 - Lugo
Tel.: 982 29 42 21  Fax: 982 29 41 15

OURENSE
Dª. Ángeles Blanco Ledo (angeles.blanco.ledo@sergas.es)
D. José Luís González González
Avenida de Zamora, 13
32005 - Ourense
Tel.: 988 38 63 47 // 988 38 63 49   Fax: 988 38 63 02

PONTEVEDRA
Dª. Victoria Aldea Míguez (victoria.aldea.miguez@sergas.es)
Avenida de Vigo, 16
36080 - Pontevedra
Tel.: 986 80 58 81   Fax: 986 80 58 02

 

Financiamento e patrocinio

Internacional:

Galicia  (En construción)