Xornada ReDeseñando o futuro

Xornada ReDeseñando o futuro

Titulo galego.png

 

Data de celebración:  15 de decembro de 2023
Lugar: Anfiteatro do Instituto de Investigación Sanitaria IDIS, en Santiago de Compostela.
Horas: 11:00 -13:00 horas 
Persoas destinatarias: Profesionais no ámbito da Saúde Pública, pertencentes á dirección xeral e as xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade así como ao persoal do Sergas.

 

 

 

A xornada establécese como unha canle onde reflexionar, buscar inspiración e asentar as claves que definirán un novo modelo de vixilancia epidemiolóxica, que axude a redeseñar o futuro inmediato desde a mirada da saúde pública.
 
O novo enfoque que se pretende dar a coñecer e que será preciso para o impulso dunha nova saúde pública en Galicia sustentase en cinco piares fundamentais:
  • Intersectorialidade como principio rector e a saúde en todas as políticas. 
  • Formación, investigación e innovación coa aplicación de políticas efectivas. 
  • A actuación baseada na evidencia científica e técnica cun enfoque centrado na cidadanía, na equidade e na ganancia de saúde así como o mantemento duns sistemas de vixilancia e control eficaces, áxiles e capaces de detectar cambios de tendencia e anticiparse ás novas ameazas para a saúde, contando co apoio das novas tecnoloxías e da intelixencia artificial. 
  • A aposta decidida pola calidade na organización.
  • A capacidade para dar resposta á demanda de servizos de Saúde Pública.