Virus de Marburgo

Virus de Marburgo

Zonas de risco actualizadas (12/04/2023):  Guinea Ecuatorial Continental e rexión Kagera en Tanzania.


A enfermidade polo virus Marburgo (EVM) é unha febre hemorráxica vírica que se transmite ás persoas a través dos morcegos da froita. Entre persoas, propágase a través do contacto directo cos fluídos corporais, superficies ou materiais infectados. A EVM comeza de forma aguda con febre alta, cefalea intensa ou malestar xeral, podendo provocar síntomas hemorráxicos graves nos primeiros 7 días. Actualmente non existen vacinas nin tratamentos antivirais aprobados, presentando unha letalidade en torno ao 50%. A rehidratación e o tratamento sintomatolóxico melloran a súa supervivencia.​