III Xornada "A saúde en todas as políticas. Tecendo redes saudables no ámbito comunitario""

III Xornada "A saúde en todas as políticas. Tecendo redes saudables no ámbito comunitario""

Cartel Saúde cidade_page-0001-1.jpg

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), están a organizar a III Xornada “A saúde en todas as políticas. Tecendo redes saudables no ámbito comunitario” que se celebrará o vindeiro 24 de outubro en Santiago de Compostela.
Obxectivos da xornada:
Fomentar a inclusión da saúde en todas as políticas mediante un modelo de traballo baseado en redes.
Destacar a relevancia dos determinantes sociais nos hábitos de vida da poboación e a súa importancia no desenvolvemento de iniciativas e proxectos destinados á promoción da saúde.
Presentar as bases para avanzar na promoción da saúde e na prevención de enfermidades en contornos locais a través da acción comunitaria, coa finalidade de mellorar as condicións de vida, capacitar os cidadáns e reforzar os vínculos e a cohesión social da comunidade.
Salientar a importancia dos gobernos locais no deseño de cidades máis saudables.
Establecer un marco común de traballo que permita difundir as boas prácticas establecidas en materia de promoción de saúde dende unha perspectiva de equidade.
A xornada está dirixida aos responsables, ao persoal técnico dos concellos, ás deputacións e á administración autonómica das áreas relacionadas cos determinantes da saúde.