I Xornada Galega de Xestión Integral do Mosquito Tigre

I Xornada Galega de Xestión Integral do Mosquito Tigre

ESCOLA I XORNADA GALEGA DE XESTIÓN INTEGRAL DO MOSQUITO TIGRE.png


Data de celebración: 31 de agosto de 2023

Lugar: Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Horas: 09:30-14:30 horas
Persoas destinatarias: Persoal responsable e persoal técnico (propio ou de empresa externa) que poida tener implicación na xestión del mosquito tigre.
 
Esta xornada é organizada como consecuencia da necesidade de dar a coñecer e difundir as medidas a adoptar ante a aparición do mosquito tigre na provincia. A entrada do mosquito tigre na comunidade dá lugar a un novo escenario sanitario.
 
Dar a concecer a problematica incipiente e descoñecida pola aparición da nova especie na provincia, ademais de transmitir as estratexias que se deberán desenvolver é unha labor sumamente importante para que se produzan as sinerxías entre os profesionais que idean e poñen en marcha estas e os profesionais que deben implantalas. Así, é necesario por en coñecemento dos profesionais tanto das Administracións Públicas coma dos organismos ou entidades Privadas dependentes, as diferentes vias de actuación.
 
A importancia de coordinar ás Administracións para unha xestión optima ante posibles aparicions do insecto fai que sea preciso a realización dunha xornada que serva de difusión e coñecemento dos diferentes protocolos así coma as medidas de prevención e vixilancia a adoptar en cada caso.