FORMACIÓN EN VACINAS

FORMACIÓN EN VACINAS

O programa galego de vacinación precisa unha revisión permanente e debe ser actualizado de forma continua. Todos estes cambios deben ser trasladados ao sistema asistencial para o que é indispensable potenciar a formación continuada dos profesionais que o levan á práctica no día a día ao ser un programa en áxil e constante movemento, con cambios frecuentes nos calendarios vixentes e con produtos vacinais novIdosos.
 
A continuación mostramos cursos en modalidade de autoformación e acreditados, con vídeos curtos donde se comentan os aspectos máis relevantes do programa galego de vacinación.