As materias formativas obxecto de acreditación deben aumentar, manter e mellorar a competencia profesional, e defínense tanto pola área de coñecemento, como pola poboación obxectivo á que vai dirixida a actividade. A materia sobre a que verse a actividade e o seu nivel de complexidade, deben ser adecuados ao colectivo ao que vai dirixido dita actividade formativa.
Encádranse nas seguintes áreas temáticas:
Os títulos oficiais regrados (universitarios, centros de educación superior, o das administracións públicas) non poderán ser acreditados.
Os módulos que os compoñen poderán acreditarse como actividades independentes, de xeito excepcional, e cumprindo os seguintes requisitos:
a. O grupo de participantes no módulo non son únicamente os participantes no título oficial e regulado.
b. A duración do módulo non supera as 100 horas.
c. Que se especifique no certificado que forma parte de un programa máster o de especialización.
Serán susceptibles de acreditación as actividades formativas sobre:
- Sistemas de información e/ou investigación sanitaria que utilicen programas informáticos específicos e necesarios para o seu uso por profesionais sanitarios.
- Tensións/autocontrol e orientación psicolóxica, sempre que estean orientadas ao coidado e atención do paciente.
- Prevención de riscos laborais, cando vaia dirixida aos profesionais desta disciplina ou área profesional.
Non son obxecto de acreditación as seguintes materias:
- Programas informáticos que non sexan de utilización específica na área sanitaria.
- Idiomas en calquera dos seus niveis.
- Todas aquelas actividades con contidos que non forman parte das materias de coñecemento aceptadas na comunidade científica ou/e o sistema nacional de saúde.
- Actividades con contidos de publicidad comercial.
- Actividades con contidos que forman parte da formación básica e necesaria para obter a titulación profesionale que resulta imprescindible para o exercicio profesional, e que por tanto non pode considerarse formación continuada.
- A formación, que é preceptiva por lei, que debe cursar calquera profesional, que tras un período de inactividade, desexa reintegrarse ao exercicio da profesión.
- As materias, que ainda sendo de aplicación na área sanitaria, non son específicas en Ciencias da Saúde. (ex.: arquitectura sanitaria).
- Actividades referidas ao autocoidado do traballador, (tensións/autocontrol e orientación psicolóxica, prevención de riscos...).
- Materias que non formen parte das competencias propias dos profesionais destinatarios da actividade.
En caso de dúbida, será a Comisión quen decida se unha determinada actividade pode considerarse materia acreditable ou non.