Resumo de Pacienten Europeo (European Patient Summary-EUPS)
- Resumo de paciente europeo ou European Patient Summary é o proxecto que permite aos profesionais sanitarios a consulta da información clínica esencial de pacientes europeos.
- O seu propósito é facilitar a asistencia non programada cando a cidadanía europea viaxa fóra do seu país de orixe.
- Está implementado dentro da Infraestructura de Servizos Dixitais de Saúde Electrónica (eHealth Digital Service Infrastructure ou eHDSI) para a comunicación de información clínica transfronteiriza que proporciona o acceso a unha atención sanitaria segura e de alta calidade.
1.- INFORMACIÓN DO PROXECTO E PAÍSES PARTICIPANTES
2.- IDENTIFICACIÓN
Os pacientes deberán presentar a súa tarxeta sanitaria e un documento con foto (DNI ou pasaporte).
3.- PROTECCIÓN DE DATOS
O profesional sanitario, antes de acceder ao Resumo de paciente europeo, facilitará a cada paciente a lectura dun documento coa información sobre o tratamento dos seu datos persoais (Patient Information Notice ou P.I.N). Este documento debe ser lido e entendido polos/as pacientes, non é preciso que sexa asinado.
- A continuación pódense consultar os documentos PIN: