Cando o médico cubre a folla de inclusión no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica, asígnalle un nivel de prioridade, que ten en conta criterios clínicos, sociais e funcionais.
Hai tres niveis de prioridade, e a cada un correspóndelle un tempo de espera no que a intervención debería ser realizada:
◾Prioridade 1: a intervención cirúrxica non admite unha demora superior a 30 días.
◾Prioridade 2: o tempo de espera recomendable non debe superar os 90 días.
◾Prioridade 3: a enfermidade que vostede padece e motiva a intervención cirúrxica, permite a demora do tratamento, porque non produce secuelas importantes.