Información sobre o procedemento de Reembolso

Información sobre o procedemento de Reembolso

O reembolso dos gastos da asistencia sanitaria transfronteiriza solicítase ante a Xerencia de Atención Integrada do Sergas, nun prazo máximo de tres meses dende a data de pagamento.
 
O importe a reintegrar será o custo da asistencia prestada, sen gastos conexos, co límite dos prezos públicos do Sergas.
 
O Servizo Galego de Saúde resolverá a solicitude nun prazo máximo de tres meses, sendo o silencio administrativo positivo.
Documentación necesaria para o reembolso
 
a)Documento acreditativo da prescrición da atención sanitaria por un médico de Atención Primaria ou outro especialista, no seu caso, no que conste polo menos:
 
  • Identificación do facultativo que realiza a prescripción.
  • Identificación do paciente.
  • Diagnósticos ou sospeita diagnóstica.
  • Servizos sanitarios que se prescriben.
  • Prioridad da atención.

 

b)Fotocopia da resolución de autorización, en caso de tratarse dun dos servizos sanitarios que a precisan.
 
c) Informes clínicos e follas de prescrición realizados polo provedor de servizos sanitarios transfronteirizos, nos que consten polo menos:
 
  • Identificación do paciente.
  • Identificación do facultativo responsable dá atención sanitaria prestada, incluíndo a súa profesión sanitaria e especialidade.
  • Provedor de asistencia sanitaria onde se realizou a atención.
  • Diagnósticos ou sospeitas diagnósticas.
  • Servizos e procedementos sanitarios que se realizaron.
  • Modalidade da atención realizada (ambulatoria ou con ingreso).
  • Prescricións ao paciente.
  • Revisións que deben realizarse e prazo estimado para estas.
  • Outros datos que se considere oportuno especificar.

 

d) Factura oficial do provedor de servizos sanitarios transfronteirizos, na que conste de forma lexible:
 
  • Identificación e residencia do paciente perceptor do servizo sanitario.
  • Nome ou denominación social e domicilio da persoa física ou xurídica que emita as facturas.
  • Datos de identificación do profesional responsable da asistencia transfronteiriza.
  • Os diversos conceptos sanitarios realizados, de forma detallada, especificando o importe de cada un deles e a data de realización.
  • Data de ingreso e data de alta hospitalaria, se é o caso.

 

e) Xustificante bancario orixinal de pagamento da devandita factura.
 

No caso de que a documentación achegada non sexa en Galego ou Castelán, achegarase unha tradución oficial ou profesional desta.