A persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade, como autoridade superior, é a máxima responsable da consellería e preside o Servizo Galego de Saúde. No exercicio da presidencia correspóndelle as seguintes funcións:
- a) A representación legal do organismo.
- b) A sinatura dos convenios en nome do organismo e actuar como órgano de contratación.A sinatura dos convenios en nome do organismo e actuar como órgano de contratación.
- c) A aprobación dos plans de obras, instalacións e equipamentos centralizados do Servizo Galego de Saúde.
- d) O exercicio da xefatura superior do persoal adscrito ao organismo.
- e) A disposición dos gastos e a proposta da ordenación dos pagamentos do organismo.