Consello Galego de Saúde

Consello Galego de Saúde

O Consello Galego de Saúde é o principal órgano colexiado de participación comunitaria no Sistema público de saúde de Galicia ao cal lle corresponde o asesoramento á consellería competente en materia de sanidade na formulación da política sanitaria e o control da súa execución. Sen prexuízo do seu desenvolvemento regulamentario, a súa composición e funcións son os establecidos polo artigo 24 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.