Premios Nacionais De Innovación e DeseñoServicio Gallego de Salud

O SERGAS galardoado co Premio Nacional De Innovación e Deseño na modalidade de compra pública Innovadora.

Os Reis de España, Don Felipe e Dona Letizia fixeron entrega dos Premios Nacionais de Innovación e de Deseño 2013, que outorga a Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, adscrita ao Ministerio de Economía e Competitividade.

Estes premios valoran as actuacións realizadas que contribúan á innovación orientada a potenciar o desenvolvemento de novos mercados innovadores dende o lado da demanda a través da contratación pública.

Os Premios foron entregados nun acto celebrado o pasado 1 de xullo no Museo da Ciencia, en Valladolid aos distintos galardoados. A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, en nome do Servizo Galego de Saúde, recolleu o Premio Nacional de Innovación, na modalidade de Compra Pública Innovadora (CPI), que distingue a aquelas entidades públicas que destaquen, de maneira especial, na aplicación e desenvolvemento deste tipo de contratación pública.

O 14 de maio, a Secretaría Xeral de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, publicou no B.O.E. a concesión dos Premios Nacionais de Innovación e de Deseño da edición 2013 en todas as modalidades convocadas.

Premios Nacionais de Innovación

  • O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) foi galardoado co Premio Nacional de Innovación, na modalidade de Compra Pública Innovadora, "por levar a cabo o mellor proxecto de Compra Pública Innovadora en 2013, innovando no procedemento administrativo, tanto nas fases de deseño e preparación coma de execución. O SERGAS protagonizou un cambio na cultura administrativa utilizando a contratación innovadora".

    Este tipo de contratación facilita a innovación sanitaria e a xeración de novos bens e servizos, que permitirán que o sector empresarial adquira maior competitividade a nivel internacional, xerando mercados estratéxicos innovadores para Galicia.

    O Sergas leva a cabo esta modalidade de contratación no eido dos proxectos Hospital 2050 e Innova Saúde, como ferramenta que ten como obxectivo dinamizar a innovación e a internacionalizacón mediante a articulación e o fortalecemento da demanda tecnolóxica.

    Estes proxectos foron concibidos como un elemento de cambio cultural e de relación co entorno, no que se intentou dende o primeiro momento involucrar ao maior número de profesionais da organización, a través dun modelo de xestión que promove o traballo en equipo e a innovación aberta.

    O Sergas definiu dentro destes proxectos unha convocatoria aberta de propostas de solucións innovadoras pioneira. Trátase dun novo modelo de relación co mercado –diálogo técnico- no que busca, de forma transparente, a participación de todo tipo de entidades e persoas físicas ou xurídicas, que teñan a vontade de colaboración co Sergas para a identificación de propostas innovadoras que contribuirán ao proceso de desenvolvemento e execución dos subproxectos incluídos dentro de Innova Saúde e Hospital 2050.

  • Pola súa banda Juan Miguel Villar Mir recibiu o Premio Nacional á Traxectoria Innovadora, polo seu carácter pioneiro no recoñecemento da importancia da innovación para a competitividade empresarial e na aplicación de innovacións disruptivas en sectores tradicionais e Ferrovial e Inoxpa o Premio Nacional de Innovación á Internacionalización polo seu liderado en innovación en diferentes ámbitos, como a obra civil ou a eficiencia enerxética, no caso de Ferrovial, ou pola súa ampliación de liñas de actuación e diversificación, no de Inoxpa.

Los Reyes presiden la entrega de los Premios Nacionales de Innovación y de Diseño 2013

Parabéns a todos

O Servizo Galego de Saúde foi galardoado co Premio Nacional de Innovación, na modalidade de Compra Pública Innovadora, pola incorporación da innovación no procedemento administrativo a través das propostas Innova Saúde e Hospital 2050.

Por iso quero trasladar os meus máis cordiais parabéns por este premio a todas as persoas da nosa organización que día a día traballan e apostan pola innovación como motor de cambio e de mellora do Sistema Público de Saúde de Galicia.

Aproveito tamén para trasladarvos o meu sentimento de orgullo por poder representarvos ao recoller este premio a todas as persoas que participades nestes proxectos que, cada vez máis, constitúen unha referencia para outras Administracións Públicas e para outros Servizos de Saúde, así como o meu agradecemento por todo o voso esforzo e dedicación.

Rocío Mosquera Álvarez

Conselleira de Sanidade

Premios Nacionais de Deseño

  • O Premio Nacional ao Deseño para a categoría de Empresas recaeu en Figueras International Seating pola utilización do deseño como panca de innovación e por convertelo no seu sinal de identidade.

  • O Premio Nacional ao Deseño para a categoría de Profesionais en Pablo Martín Badosa, por ser unha das maiores influencias no panorama do deseño gráfico contemporáneo español e polo seu traballo divulgativo e docente ao longo da súa carreira.

  • O xurado concedeu tamén unha Mención especial a Enric Huguet Muixí, polos méritos deste pioneiro do deseño gráfico español, e pola súa enorme e significativa achega ao desenvolvemento desta profesión, tanto dende o seu quefacer profesional coma dende a súa implicación no ámbito do asociacionismo e da pedagoxía.

  • Los Reyes presiden la entrega de los Premios Nacionales de Innovación y de Diseño 2013
  • Los Reyes presiden la entrega de los Premios Nacionales de Innovación y de Diseño 2013
  • Los Reyes presiden la entrega de los Premios Nacionales de Innovación y de Diseño 2013
  • Los Reyes presiden la entrega de los Premios Nacionales de Innovación y de Diseño 2013
  • Los Reyes presiden la entrega de los Premios Nacionales de Innovación y de Diseño 2013
  • Los Reyes presiden la entrega de los Premios Nacionales de Innovación y de Diseño 2013
  • Los Reyes presiden la entrega de los Premios Nacionales de Innovación y de Diseño 2013

Fontes

Boletín Oficial del Estado
Premios Nacionales De Innovación y Diseño
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde