Violencia de xénero

Violencia de xénero

De acordo coa Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero enténdese por Violencia de Xénero “calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada”.

De acordo coa Resolución da Asemblea Xeral de Nacións Unidas de 1993, Violencia de Xénero é «Todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada».


Violenica de Xénero