CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E A FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRÓNICAS (FEGEREC) PARA A ABORDAXE FISIOTERAPÉUTICA NAS ENFERMIDADES RARAS E NEURODEXENERATIVAS
O Obxecto do Convenio
Favorecer
o acceso de persoas que padecen unha enfermidade rara e que residen
na comunidade autónoma de Galicia a rehabilitación fisioterápica
de forma sostible a través de profesionais con experiencia e
coñecemento específico en estas doenzas.
Dotar
de información relacionada co ámbito da fisioterapia ás persoas
que padecen unha enfermidade rara e/ou crónica e as súas familias
sobre a patoloxía e os seus síntomas e técnicas para o seu
tratamento.
Actuar
na prevención de problemáticas afines, como alteracións
circulatorias e tróficas, complicacións respiratorias, alteracións
muscoesqueléticas e ortopédicas, etc.
Acadar
que as persoas afectadas logren no posible unha máxima capacidade
funcional e independencia nas actividades da vida diaria (AVD),
logrando así incrementar a súa calidade de vida e a das súas
familias.
Manter/mellorar
a calidade de vida do paciente
Promover
traballo integral cos diferentes profesionais que interveñen no
tratamento
Favorecer
adhesión ao tratamento