Federación galega de enfermidades raras e crónicas (FEGEREC)

Federación galega de enfermidades raras e crónicas (FEGEREC)

BGBl-4Zl_400x400.jpg 
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E A FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRÓNICAS (FEGEREC) PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DESTINADAS A MELLORAR A SITUACIÓN DE SAÚDE E CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS AFECTADAS DE ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS.
O Obxecto do Convenio
Este convenio ten por obxecto o desenvolvemento dunha serie de actividades que permitan favorecer o acceso de persoas que padecen unha enfermidade rara e residentes en localidades alleas á sede de FEGEREC, á rehabilitación fisioterapéutica a través de profesionais con experiencia neste tipo de doenzas:
1.Proporcionar información ás persoas con enfermidades raras/crónicas e as súas familias sobre a patoloxía, os seus síntomas e as técnicas do seu tratamento
2.Previr alteracións tróficas, complicacións respiratorias, alteracións muscoesqueléticas e outras problemáticas afíns ás enfermidades raras
3. Acadar a máxima capacidade funcional e independencia nas actividades da vida diaria (AVD), logrando incrementar a calidade de vida de pacientes e familias.