Saúde Constante

Saúde Constante

<
Título do Proxecto
Saúde Constante
<
Promotor/a
Programa de colaboración con Cruz Vermella Galicia para realizar actividades de acompañamento para a prevención e promoción da saúde en persoas maiores.
<
Colectivo destinatario
Persoas con máis de 64 anos, seleccionadas segundo a seguinte priorización
  • Persoas con indicadores sociais de risco (vivir solo, escasa rede relacional, residir en zona afastada)
  • Persoas sen indicadores sociais de risco pero que poidan beneficiarse do programa por:
    • Hábitos de saúde inadecuados
    • Seguimento inadecuado da pauta médica
    • Dificultades de accesibilidade ao centro de saúde
<
Área xeográfica de Intervención
Centros de saúde nos que se implanta o programa:
  • A Coruña: Betanzos, Montealto-A Torre,Boiro (O Saltiño)
  • Lugo: Ribadeo, Vilalba, Castro Riberas de Lea, Viveiro e Monforte de Lemos
  • Ourense: Ourense (Valle Inclán), Ourense (Nóvoa Santos) e O Barco de Valdeorras
  • Pontevedra: Vigo (Casco Vello), Paradela-Meis,Vigo (Lavadores), Vilagarcía, Pontevedra (Virxe Peregrina)
<
Breve Descrición do Proxecto
O Servizo Galego de Saúde selecciona ás persoas usuarias do programa nos centros de saúde nos que está implantado
  • Visitas Mensuais ao domicilio das persoas maiores para ofrecer información e consellos sobre alimentación e exercicio físico e toma de biomedidas.
  • Charlas informativas sobre hábitos saudables en centros da Cruz Vermella
  • Actividades de ocio saudables
  • Teleservizos:
    • Chamadas
    • Información e consellos saudables