Salubrízate

Salubrízate

salubrizate.png 
<
Título do proxecto
Salubrízate. Intervención comunitaria para o benestar emocional e cardiovascular na contorna do centro de saúde Nóvoa Santos -Couto de Ourense
<
Promotor/a
Centro de Saúde Nóvoa e Santos. Ourense
<
Colectivo destinatario
Pacientes maiores de 64 anos do centro de saúde Nóvoa e Santos de Ourense
<
Obxectivos
Xerais:
  • Actuar en rede unindo sinerxias (cidadanía,administración local e institucións sanitarias) para a promoción do envellecemento activo e saudable e a mellora da contorna comunitaria
  • Mellorar a capacidade física e mental das persoas maiores do noso ámbito de traballo
  • Diminuír as enfermidades cardiovasculares e a soidade neste grupo de poboación
Específicos:
  • Participar en paseos saudables na compaña de outras persoas
  • Coñecer e poñer en práctica as bases da alimentación saudable
  • Manter hábitos de vida non tóxicos , o IMC , o nivel saudable de lípidos e glicosa en sangue e as cifras axeitadas de tensión arterial
  • Recoller os elementos da contorna ambiental que precisen ser instalados,modificados ou eliminados para o axeitado benestar da cidadanía
<
Período de desenvolvemento
Desde o ano 2018
<
Área xeográfica de intervención
Contorna do Centro de Saúde Nóvoa e Santos. Ourense
<
Pertinencia
En Galicia a esperanza de vida nos homes é de 79 anos e de 86 nas mulleres. En Ourense a esperanza de vida supera esta media. Un 24,6% da poboación é maior de 65 anos. Un 4,3% é maior de 85. O centro de Saúde Nóvoa Santos ten, entre a súa poboación atendida, un 23,57% de poboación maior de 65 anos. Os principais hábitos que permiten o envellecemento saudable son a actividade física e a alimentación, co que se prevén patoloxías derivadas do sedentarismo e a soidade. Está demostrado que as poboacións que socializan son máis saudables e as persoas activas disfrutan de máis tempo de benestar físico, psíquico e social
<
Breve descrición do proxecto
Selecciónanse usuarios do centro de saúde maiores de 64 anos para a realización de percorridos culturais e históricos pola cidade, camiñatas e actividades de exercicio físico Desenvólvense 9 sesións que contan con unha breve introducción teórica seguida dunha actividade, abordando temas coma os estilos de vida saudábles