Obradoiros de primeiros auxilios para pais. SOS PAIS

Obradoiros de primeiros auxilios para pais. SOS PAIS

<
Título do Proxecto
SOS PAIS
<
Promotor/a
Juan Manuel Capelo Miguez
<
Colectivo destinatario
Familias de pacientes pediátricos
<
Obxectivos
  • Determinar o impacto de unha intervención educativa no coñecemento sobre primeiros auxiliios nos pais de Ourense
  • Identificar o grado de coñecemento dos pais de Ourense sobre primeiros auxilios
  • Determinar o grado de satisfacción co obradoiro de pais de Ourense
<
Número de participantes previsto
15 por seminario. 5/6 seminarios/ano
<
Período de desenvolvemento
Ano 2019
<
Área xeográfica de Intervención
Ourense
<
Pertinencia
A diario, prodúcense na comunidade un sinfín de accidentes e situacións que modificam súbitamente o estado de saúde dos cidadáns Estos accidentes son, se cabe, máis dramáticos nos nenos. Unha actuación rápida e axeitada por parte dun adulto ante determinados problemas pide axudar a mellorar o prognóstico do neno en cuestión e, incluso, salvar a súa vida. Gran parte de estas situacións produciranse acompañados polos seus pais/nais ou titores/as, por isto é axeitado que os/as pais/nais teñan coñecementos básicos para evitar este tipo de situacións e saber reaccionar ante elas en caso de que ocurran. É óptimo ademais que esta información veña de man de profesionais sanitarios/as, a través de guias concretas realizadas por eles Está demostrado que a formación teórica a través de documentación específica é axeitada pero os coñecementos adquiridos aumentan se esta se acompaña de obradoiros ou sesións prácticas. Estes obradoiros permitirán que os participantes realmente interioricen a información ye o modo de actuar ante determinados problemas. É de suma importancia por tanto non soamente que coñezan a teoría, senón que aprenderán a alertar aos servizos sanitarios e a actuar ante a variedade de problemas que poidan aparecer como por exemplo feridas, cortes, picaduras de insectos, ata casos mais complexos como pérdidas de consciencia, e atragantamentos, e esta formación é facilitada pola asistencia aos obradoiros.
<
Breve Descrición do Proxecto
Os obradoiros realizaranse en dous Centros de Saúde da provincia de Ourense, Centro de Saúde A Valenzá, Centro de Saúde A Cuña- Mariñamansa, e serán impartidos por dous Pediatras de Atención Primaria e un Médico asistencial do 061. Incluiranse a Pais/Nais e/ou Titores de nenos/as de Ourense, realizándose a promoción dos talleres nos Centros de Saúde en que se impartirán cunha antelación de mínimo 15 días. Nos devanditos centros os interesados poderán apuntarse no horario e data que máis lles conveña dentro dos ofertados, deste xeito garantirase que os talleres se realicen cunha audiencia reducida (haberá un número máximo de 20 participantes) e o trato aos participantes serán máis individualizando, maximizando a efectividade do taller.
<
Avaliación
Ao comezo e ao final do curso repartirase a todos os participantes unha enquisa anónima de 5 preguntas sobre coñecementos xerais de primeiros auxilios e preguntas sobre a sensación de atoparse ante unha situación de emerxencia. Ao finalizar o taller preguntaráselles, tamén de maneira anónima. Para poder comparar os coñecementos e sensacións antes e despois da realización do taller para cada persoa, numeraranse as cadeiras, e será ese número o que cada participante escribirá no seu cuestionario, así se garante unha comparabilidade dos datos pre-post-taller, mantendo en todo momento o anonimato dos mesmos.