Obradoiros afectivo-sexuais en centros educativos

Obradoiros afectivo-sexuais en centros educativos

<
Título do Proxecto
Obradoiros afectivo-sexuais nos centros educativos
<
Promotor/a
Esther Martinez Bécares. Matrona del CS Fingoi - Lugo
<
Contacto
e-mail: Esther.Martinez.Becares@sergas.es
<
Colectivo destinatario
Alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO de centros educativos da provincia de Lugo
<
Obxectivos
  • Transmitir un concepto de sexualidade veraz, e asequible ás suas idades e coñecementos .
  • Trabállanse aptitudes, autoestima, como coñecerse, aceptarse e expresarse. Traballo grupal
  • Desplegar unha actitude aberta e próxima que permita crear un clima positivo
  • Ofrecer ferramentas e estratexias para previr riscos asociados a condutas sexuais, ETS e embarazos non desexados
  • Coñecer e analizar os distintos modelos de relación de parella
  • Respostar abertamente preguntas dos alumnos formuladas de forma anónima, creando espazo para o debate
<
Número de participantes previsto
Media de 20/25 por obradoiro
<
Período de desenvolvemento
Curso 2018-2019
<
Área xeográfica de intervención
Provincia de Lugo
<
Pertinencia
A escola é o ámbito fundamental de desenvolvemento das politicas preventivas. Permite intervir co conxunto de nenos/as e mozos/as a idade temperá, época decisiva na maduración, na que se adquiren hábitos e modelos de comportamentos sobre os que se debe incidir
<
Breve descrición do proxecto
  • Observación para coñecer os grupos
  • Exposición de contidos con linguaxe adaptada
  • Uso de audiovisuais
  • Uso de folletos informativos
  • Diversidade de materiais para demostracións prácticas
  • Dinámicas de grupo
  • Urnas para que deixen preguntas anónimas
  • Actividades que axuden a fixar os coñecementos adquiridos