Obradoiros grupais de atención á menopausia

Obradoiros grupais de atención á menopausia

<
Título do proxecto
Obradoiros grupais de atención á menopausia
<
Promotor/a
Carmen Abeledo Márquez. Enfermeira coordinadora do Centro de Saúde A Parda. Pontevedra
<
Colectivo destinatario
Mulleres entre 45 e 65 anos
<
Obxectivos
Compartir o tema da menopausia con outras mulleres para axudar a normalizar e exteriorizar as mensaxes negativas que recibimos acerca da menopausia, e aprender a avaliar as nosas actitudes en temas como o noso corpo, emocións..
    <
    Área xeográfica de intervención
    Pontevedra
    <
    Pertinencia
    A falta de información acerca da menopausia repercute na calidade vida das mulleres e pode chegar a ser un risco para a súa saúde.
    <
    Breve descrición do proxecto
    No proxecto participan Enfermería, Matrona e Fisioterapeuta Consiste en talleres grupais dirixidos a mulleres de entre 45 e 65 anos (pode incluir mulleres de idade inferior que por diversas causas se atopen nesta situación), distribuídos en 3 sesións de hora e media cada unha, onde se da explicación do proceso e etapas da menopausia e como afrontala
    • Alimentación
    • Exercicio físico
    • Menopausia e corazón
    • Osteoporose
    • Terapias dispoñibles
    • Menopausia e sexualidade.
    • Outros aspectos de educación en saúde que poidan ser de interese para as mulleres nesta etapa da vida