Obradoiros educativos en colexios

Obradoiros educativos en colexios

<
Título do proxecto
Obradoiros educativos en colexios
<
Promotor/a
Área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte
<
Contacto
María Angeles Dono Díaz. Subdirectora de Procesos Asistenciais (Enfermería). Hospital Lucus Augusti
<
Colectivo destinatario
Alumnado da ESO de centros educativos da provincia de Lugo
<
Obxectivos
Xerais:
  • Contribuír a promover hábitos e estilos de vida saudables nos adolescentes,para conseguir manter e/ou mellorar o seu estado de saúde e previr enfermidades futuras.
Específicos:
  • Trasladar os programas de saúde a un formato grupal educativo e creativo
  • Facilitar a participación dos/das alumnos/as para que asimilen mellor os conceptos expostos
<
Número de participantes previsto
Mais de 500 adolescentes
<
Período de desenvolvemento
Durante 2018
<
Área xeográfica de intervención
Lugo cidade, Castro Riberas de Lea, Guitiriz,Guntín,Viveiro
<
Pertinencia
As intervencións en promoción de saúde deben comezar nunha idade temperá. Saúde e educación son pilares fundamentais da sociedade que deben coordinarse e interrelacionarse
<
Breve Descrición do Proxecto
Realízanse 3 modalidades de obradoiros en 8 colexios da provincia de Lugo impartidos por enfermeiras e matronas de AP nos que, mediante dinámicas de grupo,audiovisuais, folletos se pretende acerca a promoción de saúde ao ámbito escolar.
 
Obradoiro Hábitos saudables. Alimentación e exercicio físico
  • Alumnos/as: De 1º a 4º da ESO
  • Impartido por: Enfermeiras de AP
  • Proporcionar os coñecementos sobre os beneficios que aporta o exercicio físico
  • Sensibilizar sobre o impacto negativo do sedentarismo
  • Promover dinámicas que fomenten o desenvolvemento dun estilo de vida activo e perdurable
    Obradoiro Alcohol e Tabaco
    • Alumnos/as: 3º e 4º da ESO
    • Impartido por: Enfermeiras de AP
    • Identificar estas sustancias como capaces de producir dependencia
    • Dar a coñecer os problemas de saúde derivados do seu consumo
    • Desenvolver capacidades para resistir a presión grupal e social
    Obradoiro educación afectivo-sexual
    • Impartido por: Matronas de AP
    • Alumnos/as: De 1º a 4º da ESO
    • Transmitir un concepto de sexualidade veraz a alcanzable á idade dos alumnos/as
    • Ofrecer ferramentas e estratexias para a prevención de riscos asociados a condutas sexuais,ETG e embarazos non desexados
    • Dar a posibilidade de facer preguntas anónimas
    <
    Avaliación
    Realízanse 26 talleres en 8 colexios durante 2018 nos que participaron 585 adolescentes: 7 de hábitos saudables, 4 de alcohol e tabaco e 12 de educación afectivo-sexual
      Contido e expectativas:4/5 Contido adaptado á idade:4,3/5 O profesional sanitario facilitou a participación:4,5/5