Marcha nórdica para a mellora da fraxilidade

Marcha nórdica para a mellora da fraxilidade

<
Título do proxecto
Programa de Exercicio con marcha Nórdica para a mellora da fraxilidade nos adultos maiores
<
Promotor/a
Centro de Saúde do Ventorrillo. A Coruña
<
Colectivo destinatario
Pacientes de 70 ou mais anos, con un índice de Barthel maior ou igual a 90, e índice SPPB de fraxilidade entre 5 e 10 . Escollidos ao azar desde as consultas de médico/enfermeira/fisioterapia do centro de saúde de Ventorrillo, para a realización das probas.
<
Obxectivos
  • Determinar a eficacia da marcha nórdica sobre a fraxilidade.
  • Determinar se a marcha nórdica modifica o grao de dependencia para as actividades básicas da vida diaria (ABVD).
  • Determinar se a marcha nórdica modifica o risco de caídas.
<
Número de participantes previsto
Entre 20 e 25
<
Período de desenvolvemento
2017-2018
<
Área xeográfica de intervención
Área do Centro de Saúde do Ventorillo, A Coruña
<
Pertinencia
Para reducir a fraxilidade é preciso actuar sobre o seu principal factor de risco, a inactividade. As intervencións centradas na actividade física teñen demostrado a sua eficacia para atrasar e, incluso, reverter a fraxilidade e a discapacidade. Tamén teñen demostrada eficacia en mellorar o estado cognitivo e fomentar o benestar emocional. Se, ademais, se fan de forma grupal, teñen o beneficio engadido de fomentar as redes sociais nas persoas maiores e loitar contra a soidade non desexada.
<
Breve descrición do proxecto
A intervención consistirá na práctica regular de exercicio físico grupal, 2 días por semana, 1 hora por sesión, mediante a técnica de marcha nórdica. Realizárase no entorno xeográfico do Centro de Saúde, procurando camiñar zona urbana e terreo non pavimentado. Tamén se estudan as zonas cubertas próximas, no caso de que a climatoloxía non permita andar ao aire libre, para facer exercicios técnicos relacionados. Proporase de inicio un horario de media mañá, acadable para a maioría das persoas maiores. Cada sesión iniciarase con exercicios de quecemento os primeiros 10 minutos, seguidos da camiñada nórdica durante 30 – 40 minutos, durante os cales faranse exercicios específicos de forza muscular, coordinación e equilibrio, para finalizar con exercicios de estiramento os últimos 10-15 minutos. A parte da técnica será impartida e supervisada por un/unha licenciado/a en INEF que sexa instructor de marcha nórdica, mentres que dúas fisioterapeutas do Sergas atenderán os subgrupos/ou persoas mais fráxiles ou con necesidades especiais durante toda a actividade.
<
Avaliación
Avalíanse:
  • Datos antropométricos, idade, sexo
  • Test de Barthel (dependencia ABVD)
  • SPPB (fraxilidade)
  • Test de risco de caídas
  • Medicación ao inicio Score de Charlson (comorbilidade)