Comisión interdepartamental de atención sociosanitaria de Galicia

Comisión interdepartamental de atención sociosanitaria de Galicia

Coa finalidade de garantir unha axeitada, efectiva e eficiente coordinación instirucional créase a Comisión Interdepartamental de Coordinación da Atención Sociosanitaria de Galicia
A Composición
a) A persoa titular da Consellería con competencias en materia de Sanidade.
b) A persoa titular do departamento da Xunta de Galicia con competencias na planificación e a ordenación do Sistema Galego de Servizos Sociais
c) A persoa titular da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade
d) As persoas titulares da(s) secretarías(s) xeral/xerais da(s) consellería(s) con competencias en materia de benestar social.
e) Dúas persoas representantes do Servizo Galego de Saúde
f) Unha persoa representante de cada unha das diferentes áreas da Administración da Xunta de Galicia con competencias no ámbito sociosanitario.
g) Unha persoa representante da Consellería de Economía e Facenda.
 
As Funcións
a) Orientar as directrices da politica sociosanitaria de Galicia
b) Coordinar as diferentes administracións e organizacións que participan na atención sociosanitaria
c) Proporcionar a información que permita o funcionamento en rede dos centros e das entidades adicadas á atención sociosanitaria
d) Colaborar na resolución dos problemas que se identifican en Galicia dentro da atención sociosanitaria.
e) Coordinar os diferentes recursos para acadar a eficiencia na prestación de servizos
f) Elaborar o seu regulamento de funcionamento