Coidados e apoio ás persoas coidadoras de pacientes inmobilizados: Ferrol

Coidados e apoio ás persoas coidadoras de pacientes inmobilizados: Ferrol

<
Título do proxecto
Necesidade de coidados e apoio aos coidadores de pacientes inmobilizados
<
Promotor/a
UDM Atención Familiar e Comunitaria e Dirección de Procesos de Enfermaría
<
Contacto
Maria.Luisa.Fraga.Sampedro@sergas.es 981337642
<
Colectivo destinatario
Coidadores informais de pacientes inmobilizados da área sanitaria de Ferrol
<
Obxectivos
  • Adquirir habilidades na mobilización e ergonomía de pacientes encamados ou en cadeira de rodas.
  • Instruír os coidadores na prevención das úlceras por presión e lesións asociadas a humidade.
  • Dar coñecementos básicos de hixiene e normas dietética a utilizar con este tipo de pacientes
<
Número de participantes previsto
O proxecto levarase a cabo por os 8 residentes de Enfermaría de Familia e Comunitaria (EFeC) e varios profesionais de enfermaría da área sanitaria de Ferrol.Faránse unha media de 10 sesións en diversos centros de saúde da área sanitaria de Ferrol, con asistencia entre 6 e 12 coidadores por grupo.
<
Período de desenvolvemento
A programación das 10 sesións é de un mes (novembro ou decembro) por cada ano. O proxecto iniciouse en decembro de 2017, e continua na actualidade.
<
Área xeográfica de intervención
Área sanitaria de Ferrol
<
Pertinencia
A estratexia Sergas para o ano 2020 pasa por unha atención integral adaptada as necesidades dos pacientes, familiares e coidadores, sendo unha das liñas principais de actuación o “Orientar la estrutura de prestación de servizos as necesidades dos pacientes e a mellora da atención a cronicidade”. Nestes termos, o paciente inmobilizado, considerase unha persoa que pasa a maior parte do seu tempo na cama e que solo a pode abandonar con axuda de outras persoas; ou unha persoa con dificultade importante para desprazarse, independentemente das causas, e por un tempo previsible de duración superior aos dous meses, necesita duns coidados continuos e dependentes dun coidador para paliar a súa dependencia. Son os coidadores principais ou informais (familiares ou achegados) os encargados da maior parte da atención do paciente inmobilizado, sendo unha peza clave para levar a cabo a prevención de lesións relacionadas coa dependencia (úlceras por presión ou cizalla, lesións por fricción ou asociadas a humidade, infeccións, enfermidades vasculares, músculo esqueléticas, etc.). Por tanto, cumpre instruír e formar a estes coidadores para evitar situacións de risco, identificar precozmente as lesións e promover medidas e coidados dirixidos a prevención e unha adecuada inxesta e alimentación segundo as necesidades.
<
Breve descrición do proxecto
Prográmanse sesións de 90-120 minutos dirixidas preferentemente a coidadores principais e informais que teñen algún paciente inmobilizado ao seu cargo. Os contidos pedagóxicos adáptanse utilizando unha linguaxe sinxela e lexible a tódolos públicos. A exposición teórica acompáñase de casos prácticos, e nalgunha ocasión de actividades de simulación e participación dos coidadores, as clases son impartidas por a lo menos, dous profesionais sanitarios (enfermaría e, en ocasións, tamén médicos), mediante diapositivas, vídeos formativos e dispositivos de axuda, co obxecto de:
  • Coñecer cal é a posición correcta do corpo (hixiene postural)
  • Realizar cambios posturais de forma adecuada
  • Manter a pel limpa, seca e hidratada
  • Identificar situación de risco ou deterioro da integridade cutánea.
  • Administrar produtos preventivos para protexer a pel da humidade e as úlceras por presión (colchón, almofadas, cremas barrera,...)
  • Aportar unha alimentación e inxesta adecuada as necesidades de cada paciente
Como complemento do proxecto, este ano 2019, dentro do programa “charlas saudables” da Voz de Galicia en colaboración coa área sanitaria de Ferrol, realizouse unha sesión aberta o público en xeral (19 de xuño), na sede de A Fundación de ABanca, que serviu para afondar e facer un coloquio sobre dita temática.
<
Avaliación
A avaliación e seguimento do proxecto (contidos pedagóxicos e formación de instrutores) faise de forma continua por la Unidade Docente Multidisciplinar, en colaboración coa dirección de procesos de Enfermaría e a Unidade de Formación Continuada da área sanitaria de Ferrol(reunións de consenso e aplicación de criterios de calidade docente e formativa).
<
Para saber máis...
https://ulcerasfora.sergas.gal/Informacion/colección-guias-practicas- modificado https://ulcerasfora.sergas.gal/Informacion/Videos-interese-para-a-cidadanía https://ulcerasfora.sergas.gal/Informacion/Guia-para-o-cuidador-UPP