Abastecementos individuais e domiciliarios

Abastecementos individuais e domiciliarios

Información para os usuarios sobre os requisitos sanitarios dos abastecementos de auga de consumo non incluídos no ámbito de aplicación do Real decreto 140/2003

INFORMACIÓN PARA OS USUARIOS SOBRE OS REQUISITOS SANITARIOS DOS ABASTECEMENTOS DE AUGA DE CONSUMO NON INCLUÍDOS NO ÁMBITO DE APLICACIÓN DO REAL DECRETO 140/2003

Todas aquelas augas de consumo humano procedentes dun abastecemento individual e domiciliario ou fonte natural que abasteza como media menos de 10 m3 diarios de auga, ou que abasteza a menos de cincuenta persoas, están excluídas do ámbito de aplicación do Real decreto 140/2003, excepto cando se perciba un risco potencial para a saúde das persoas derivado da calidade da auga. Neste caso a autoridade sanitaria requirirá á administración local que adopte, para estes abastecementos, as medidas necesarias para o cumprimento do disposto neste Real decreto.

Polo anteriormente exposto, unha zona de abastecemento non incluída no ámbito de aplicación do Real decreto 140/2003, debe distribuír igualmente, auga apta para o consumo humano. Para isto, aínda que non estea obrigada a cumprir todos os requirimentos que inclúe o Real decreto 140/2003, deben manter unhas condicións sanitarias mínimas axeitadas das súas infraestruturas e realizar uns controis mínimos para poder garantir unha auga de calidade.

Por outra banda, o concello é responsable de asegurar que a auga subministrada a través de calquera rede de distribución, cisterna ou deposito móbil no seu ámbito territorial sexa apta para o consumo no punto de entrega ao consumidor.

A Consellería de Sanidade para garantir que estes abastecementos distribúan un auga apta para o consumo humano, recomenda que este tipo de abastecementos cumpran cos seguintes requisitos sanitarios.

 

Requisitos sanitarios das captacións

Deberan contar cunhas condicións estruturais mínimas que impidan a contaminación da auga extraída. Asímesmo, estas captacións propias deberan ter a concesión/autorización administrativa emitida polo organismo de bacía.

 

Requisitos sanitarios dos depósitos

A situación e construción dos depósitos deberan ser adecuados, co fin de evitar a contaminación da auga. Sempre deberan estar situados por riba da rede de saneamento. Estarán construídos con materiais axeitados para estar en contacto coa auga.

Recoméndanse limpar os depósitos unha vez ao ano. Esta limpeza consistirá en baleirado do deposito, eliminación por medios mecánicos de partículas sedimentadas e incrustacións, reparación de estruturas danadas, limpeza e desinfección con produtos autorizados, aclarado con auga, recheo e posta en funcionamento do deposito con niveis axeitados de desinfectante residual.

 

Requisitos sanitarios dos tratamentos

Todas as augas de consumo humano distribuídas ao consumidor deben ser desinfectadas. Cando a desinfección sexa mediante un sistema de cloración, recomendase un sistema automático e os subprodutos derivados da desinfección deberan ter os niveis mais baixos posibles, sen comprometer en ningún momento a eficacia da desinfección. Recomendase que o desinfectante estea en contacto coa auga durante 20-30 minutos como mínimo.

 

Requisitos sanitarios das redes de distribución

As redes de distribución estarán construídas con materiais adecuados para estar en contacto coa auga. Deberan coñecerse os materiais de construción das redes de distribución destas zonas de abastecemento.

 

Requisitos sanitarios das instalacións interiores

Ao igual cas redes de distribución, as tubarias das instalacións interiores estarán construídas con materiais adecuados para estar en contacto coa auga.

 

Substancias empregadas para o tratamento da auga destinada á produción de auga de consumo humano

Os produtos utilizados para o tratamento de desinfección da auga de consumo humano ou da auga destinada á produción de auga de consumo humano, deberan cumprir coa normativa específica de biocidas e produtos químicos. Para mais información poden consultar a páxina web da Consellería de Sanidade e Ministerio de Sanidade.

https://www.sergas.es/Saude-publica?idcatgrupo=11037

https://www.mscbs.gob.es/ciudadanos/saludAmbLaboral/prodQuimicos/home.htm​

 

Requisitos dos laboratorios que realizan analíticas

Para garantir a validez dos resultados analíticos, os laboratorios que realicen as analíticas de auga e superen a determinación anual de 5000 mostras de auga de consumo, terán todos os métodos de análise acreditados pola norma UNE EN ISO/IEC-17025.

Aqueles que non superen as 5000 mostras, e que non teñan todos os métodos de análise acreditados por esta norma, deberan ter implantado, como mínimo, un sistema de calidade que estará validado ante unha unidade externa de control de calidade que realizará periódicamente unha auditoría. Así mesmo, os métodos empregados estaran validados e documentados de conformidade coa UNE EN ISO/IEC-17025.

 

AUTOCONTROIS RECOMENDADOS

Análise inicial do punto de captación

É importantísimo coñecer a calidade da auga de partida, polo que é necesario ter unha analítica da captación cos seguintes parámetros: Escherichia coli, Clostridium perfringens (incluídas as esporas), aluminio, arsénico, ferro, nitratos, nitritos, bacterias coliformes, amonio, color, condutividade, manganeso, oxidabilidade, pH, Turbidez, Radioactividade_Actividade alfa, Radioactividade_Actividade beta e Radioactividade_Radon.

 

Análise diario do axente desinfectante

Recomendase unha análise diaria do axente desinfectante.

 

Análise de control na rede

Recomendase realizar un control anual que inclúa os seguintes parámetros: olor, color, sabor, turbidez, condutividade, pH, amonio, nitratos, Echerichia coli, bacterias coliformes, trihalometanos, Clostridium perfringens, reconto de colonias a 22ºC.

En función dos resultados da analítica da auga de captación, ou polas características particulares do abastecemento, para evitar riscos para a saude, pode ser necesario incluír algúns parámetros mais nas análises de control (radioactividade, arsénico, aluminio, ferro ou manganeso por exemplo).

 

Análise completo na rede de distribución

Recomendase realizar unha analítica en rede de distribución cada 5 anos, que inclúa como mínimo os seguintes parámetros: Escherichia coli, Clostridium perfringens (incluídas as esporas), aluminio, arsénico, ferro, manganeso, antimonio, cadmio, cobre, níquel, nitratos, nitritos, bacterias coliformes, amonio, color, condutividade, oxidabilidade, pH, turbidez, praguicidas, Radioactividade_Actividade alfa, Radioactividade_Actividade beta e Radioactividade_ Radon.

Para mais información sobre augas de consumo, acceder aos seguintes enlaces:

https://www.sergas.es/Saude-publica/Augas-de-consumo

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/saludAmbLaboral/calidadAguas/consumoHumano.htm