Mellor curtametraxe

Mellor curtametraxe

O equipo de Xente con Don quere recoñecer publicamente o gran traballo e dedicación dos cinco centros que desenvolveron o programa na edición 2016-2017:

- CPR Plurilingüe Divina Pastora (Ourense)
- IES Carlos Casares (Vigo)
- IES Carlos Casares (Viana do Bolo)
- IES A Pinguela (Monforte de Lemos)
- IES Marco do Camballón (Vila de Cruces)

Grazas pola aposta por un programa que estaba nacendo e polo compromiso pola educación sexual nos seus centros. Despois de avaliar as memorias e as curtametraxes realizadas polos cinco centros, o IES Carlos Casares de Vigo obtivo a mellor puntuación polo que se decidiu dar difusión do seu traballo na páxina do programa Xente con Don. Deste xeito, os centros que se animen a traballar estes contidos teñen un exemplo recoñecido pola súa excelente calidade.