Xornada Presentación do Observatorio Galego de Saúde Pública

Xornada Presentación do Observatorio Galego de Saúde Pública

Presentación del Observatorio.png

 
Data de celebración:  14 de Febreiro de 2024
Lugar: Sala de eventos do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Horas: 11:00 -12:30 horas
Persoas destinatarias: Profesionais no ámbito da Saúde Pública, investigadores, xestores das diferentes Administracións Públicas e privadas así como á cidadanía en xeral.
 
 
O Observatorio de Saúde pública de Galicia é unha unidade de análise e información sobre a situación da saúde pública de Galicia, dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP).

Esta ferramenta permite xerar, analizar, reunir, organizar e comunicar información relevante e de calidade no ámbito da saúde pública de Galicia, co obxectivo de proporcionar información baseada na evidencia científica, e poñela á disposición de profesionais da saúde, do persoal investigador, así como da sociedade en xeral.
Para conseguilo monitoriza e avalía o estado de saúde da poboación, identifica tendencias e proporciona datos clave para a toma de decisións en políticas e programas de saúde.

A misión do Observatorio de Saúde Pública de Galicia é a de:
 - Xerar un espazo de coñecemento en saúde pública que dispoña de información de calidade, a través da elaboración dunha serie de indicadores e informes periódicos
 - Garantir que esta información de calidade chegue da forma máis comprensible ao maior número de axentes de saúde posibles e á cidadanía, destacando a importancia dunha abordaxe dos determinantes sociais da saúde.
 - Vincular a información dos indicadores ás diferentes actuacións en saúde que se están desenvolvendo en Galicia.
 
Deste modo, o Observatorio pretende ser o punto de referencia na obtención e visualización de datos de saúde pública que axuden na toma de decisións que incidan na saúde comunitaria, que apoien a investigación e fomenten a transparencia.Os seus principais valores son: Transparencia, innovación, comunicación aberta e efectiva coa comunidade, equidade, manexo responsable da información de saúde, calidade na xeración de datos, traballo orientado a resultados para a comunidade, mellora contínua da calidade, colaboración intersectorial, uso responsable dos recursos e compromiso coa mellora continua da saúde pública

Estes valores reflicten o compromiso do Observatorio de saúde Pública de Galicia co benestar e a equidade en saúde para toda a poboación.