Vacinación de adultos

Vacinación de adultos

As enfermidades previbles mediante vacinación son unha causa importante de morbi-mortalidade na idade adulta; para fomentar a vacinación neste grupo de poboación e integrala na práctica asistencial diaria aprobouse o Calendario de Vacinación de Adultos, vixente desde o 3 de xullo de 2017, que establece as recomendacións xerais de vacinación para a poboación adulta sa e que será de aplicación en todos os puntos de vacinación da nosa comunidade.