Vacinación infantil

Vacinación infantil

Galicia implantou o seu primeiro calendario vacinal infantil no ano 1981. Desde entón ata hoxe, este calendario foi evolucionando introducíndose novas vacinas que permiten inmunizar aos nenos/as fronte a máis enfermidades, incorporándose novas pautas de vacinación.

A vacinación na idade infantil introdúcese en España na década dos 60, implantándose en Galicia o primeiro calendario no ano 1981. Desde entón ata hoxe, este calendario foi evolucionando introducíndose novas vacinas que permiten inmunizar aos nenos/as fronte a máis enfermidades, incorporándose novas pautas de vacinación.  

Derivada da boa aceptación por parte da poboación dunha actuación que contribúe a protexer a saúde dos seus nenos/as, na nosa comunidade alcánzanse altas cifras de coberturas de vacinación, circunstancia que permitiu unha drástica diminución da incidencia de enfermidades prevenibles mediante vacinación así como a mortalidade asociada.

É imprescindible manter estas altas coberturas para evitar a reaparición de enfermidades graves, hoxe en día case desaparecidas.

É importante destacar  as elevadas marxes de seguridade dos produtos vacinais que se administran na actualidade, onde a relación risco-beneficio é claramente positiva, dado que os efectos adversos que adoitan ocorrer son leves e transitorios.