Vacinación fronte á hepatite A en adultos

Vacinación fronte á hepatite A en adultos

A vacinación fronte á hepatite A está recomendada só para grupos de risco, polo tanto, a súa administración non é sistemática. Nestes momentos, xuño do 2017, existe un problema de subministro de vacinas que esixe ser máis restritivo no seu emprego: só se vacinarán as persoas que pertenzan aos grupos de risco prioritarios e só se administrará unha dose (a de recordo posporase ata que se restableza o subministro).  
O abrocho de hepatite A, que está afectando fundamentalmente aos homes que teñen sexo con homes, fai consideralos como un grupo prioritario para a vacinación.
 
O Programa Galego de Vacinación subministrará as vacinas Vaqta 50 e Havrix 1440 segundo a súa dispoñibilidade. Disporase dunha presentación arxentina de Vaqta 50 pero que non presenta diferenzas con respecto ás comercializadas en España polo mesmo laboratorio.