Vacinación antigripal

Vacinación antigripal

A campaña de vacinación antigripal ten por obxectivo minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas de padecela. 

A gripe continúa sendo unha enfermidade moi frecuente a nivel mundial, que se transmite moi facilmente e que, aínda que na maioría dos casos non deixa secuelas, pode ser grave e mortal, especialmente nalgúns grupos de risco, tales como as persoas maiores, mulleres embarazadas e aquelas persoas con certas condicións médicas crónicas.

A campaña de vacinación antigripal organízase todos os anos entre outubro e decembro, co obxectivo de minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas de padecela; ofertándolle a vacinación gratuíta ás persoas incluídas no seguintes grupos:

  • Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as de 65 ou máis anos
  • Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos)
  • Mulleres embarazadas en calquera trimestre de xestación
  • Persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco

Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións como traballadores e estudantes en prácticas de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios, especialmente as que atenden a pacientes de alto risco; as persoas que traballan en institucións pechadas ou en centros de atención a enfermos crónicos e os membros da familia e conviventes de persoas pertencentes a persoas de grupos de risco.

Existen outros colectivos nos cales se recomenda a vacinación: persoas que desenvolven traballos esencias para a comunidade e os traballadores expostos directamente ás aves ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas.