Temas transversais

Temas transversais

En Galicia, a Consellería de Sanidade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxeron en marcha nos primeiros anos da década dos 90 o Programa Educativo de Prevención de Sida. Para facilitar o tratamento educativo da infección polo VIH proporcionáronse materiais de apoio e realizáronse cursos de adestramento sobre o seu manexo. No ano 2000 inciouse unha nova etapa na que se editaron novos materiais de apoio. Estes materias seguen dispoñibles ao profesorado e atópanse colgados nesta páxina web. Desexamos que continúe a colaboración entre os profesionais da educación e da sanidade para que a mocidade galega desenvolva hábitos saudables, que os valoren como un dos aspectos básicos da calidade de vida e que rexeiten as pautas de comportamento que non conducen á adquisición dun benestar persoal e social.