Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde

Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde

No Decreto 41/2013, de 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, aparecen as funcións que lles corresponde realizar a cada unidade, e as do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde son as seguintes:
  • A planificación, programación e a xestión das actividades dos programas de promoción de estilos de vida saudables e a difusión da información sobre os mencionados programas.
  • A planificación, programación e a xestión das actividades de prevención e control das enfermidades non transmisibles e a difusión da información sobre elas.
  • En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, sexanlle asignadas.