SIMCA: Sistema de Información sobre Mortalidade por Cancro de Galicia

SIMCA: Sistema de Información sobre Mortalidade por Cancro de Galicia

Neste apartado da páxina web da DXSP ofrécese información sobre mortalidade para 13 tipos de cancro. A súa elección realizouse en función da relevancia e impacto na sociedade, sendo os seguintes cancros os finalmente elixidos: colo de útero, colon, esófago, estómago, fígado, larinxe, mama feminina, ovario, páncreas, próstata, pulmón, recto e vexiga.

Todos eles supuxeron o 70% da mortalidade por cancro durante o ano 2014. E, en canto a súa evolución durante os últimos anos, compre destacar o comportamento da mortalidade por cancro de esófago e estómago en homes e mulleres; de larinxe, pulmón e próstata en homes; e de fígado, mama e colo de útero en mulleres, xa que presentan una tendencia decrecente. A diferenza do que ocorre cos cancros de páncreas en homes e mulleres e de colon en homes. No caso do cancro de pulmón, a mortalidade amosa un comportamento contraposto entre homes e mulleres con respecto á tendencia, sendo decrecente no caso dos homes e crecente no caso das mulleres.

 

 

Enderezo de contactoServizo de Epidemioloxía
Dirección Xeral de Saúde Pública
Edificio administrativo San Lázaro s/n
15703, Santiago de Compostela
A Coruña, España
e-mail: Estatistica.SP@sergas.es