O SICRI ano a ano

O SICRI ano a ano

Neste apartado da páxina web da DXSP móstranse as características e os resultados das enquisas levadas a cabo en Galicia no marco do Sistema de Información sobre Condutas de Risco (SICRI) dende o ano 2005. Información polo miúdo sobre o SICRI pódese consultar no apartado "Presentación" onde se amosa o pensamento e as características principais do sistema de información. Dentro do apartado "O SICRI ano a ano" atópase información de cada unha das enquisas, tanto sobre o deseño no apartado "Metodoloxía" como do cuestionario utilizado en cada un dos estudos no apartado "Cuestionario". No último apartado "Resultados" están as táboas de resultados, sen comentar, que xorden da análise das variables principais, tanto en global como en función do sexo e do grupo de idade. O resumo dos principais resultados de cada enquisa aparecen como "Resultados nunha ollada" onde dunha ollada pódese consultar información sobre diferentes condutas de risco para a saúde en Galicia e en "Información relacionada" recóllense todos os traballos publicados no Boletín Epidemiolóxico de Galicia (BEG) sobre os factores de risco ou prácticas preventivas tratados nas enquisas.

 

Enderezo de contacto:

Servizo de Epidemioloxía

Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio administrativo San Lázaro, s/n

15703, Santiago de Compostela

A Coruña, España

Tf: 881-54 00 44

Fax: 881-54 29 70

e-mail: sicri.sp@sergas.es