Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da CA de Galicia

Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da CA de Galicia

Co fin de garantir que os produtos biocidas que se pon a disposición dos usuarios no mercado español se axustan á lexislación vixente, e verificar que a comercialización e os tratamentos que se levan a cabo cos mesmos son seguros dende o punto de vista da saúde pública, cómpre establecer un control administrativo sobre as empresas do sector. Este control realízase en todo o territorio español mediante os Rexistros Oficiais de Establecementos e Servizos Biocidas.

Deste xeito deberán inscribirse no Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia (ROESB Galicia), con carácter previo ao inicio da súa actividade, os establecementos e servizos biocidas incluídos no ámbito de aplicación da Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e servizos Biocidas, e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificada por Orde do 20 de novembro de 2013.

Asi mesmo, a comercialización e aplicación de biocidas clasificados como moi tóxicos, tóxicos, canceríxenos, mutaxénicos e tóxicos para a reproducción, está sometida, en virtude do Real decreto 1054/2002, do 11 de outubro, polo que se regula o proceso de avaliación para o rexistro, autorización e comercialización de biocidas, a estar baixo un sistema de control baseado no rexistro de cada operación, coa correspondente referencia do lote de fabricación e o número do Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas, nun Libro Oficial de Movemento de Biocidas, que será supervisado pola autoridade sanitaria competente. A Orde do 25 de agosto de 2008 regula o Libro Oficial de Movemento de Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia.