No marco do desenvolvemento deste Proxecto están a levarse a cabo periodicamente reunións e seminarios científicos nas que os socios informan do progreso do mesmo nas súas CCAA, debaten e actualizan coñecementos nesta materia. A segunda convocatoria tivo lugar en Sevilla os días 17 e 18 de maio de 2018, na sede da "Consejería de Salud" da "Junta de Andalucía". O seminario científico sobre saúde infantil enfocouse cara a dous temas de interese: a transcendencia da parentalidade positiva e a atención do benestar emocional como garantes do dereito á saúde na infancia. Asistiron ao mesmo, profesionais da atención sanitaria infantil do Sistema de Saúde Pública de Andalucía e os socios do proxecto RISCAR. Durante este seminario fomentouse o debate mediante a participación dos asistentes en dúas mesas de traballo co obxecto de extraer conclusións e propostas de mellora. Entre outras, identificáronse as seguintes necesidades:
• Fortalecer a comunicación entre os profesionais dos diferentes sectores e disciplinas.
• Implementar distintas estratexias para a xestión do coñecemento entre os profesionais.
• Obter un modelo de Boas Prácticas mediante a pilotaxe de distintas iniciativas.
• Reforzar e renovar diferentes recursos, así como adaptar as axendas de profesionais ás novas estratexias de promoción de saúde infantil.
• Abordar desigualdades e diversidade. Comezar a falar do "gradiente social" en saúde.
• Fomentar a participación activa, a visibilidade da infancia para incorporala na toma de decisións.
Asistentes ao seminario científico sobre saúde infantil