Convocatoria 2014-2015

Convocatoria 2014-2015

Convocatoria de axudas 2014-2015 (DOG 15/07/2014) para o desenvolvemento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas

O 4 de xullo de 2014 publicáronse no DOG as ordes nas cales se establecen as bases reguladoras para o cofinanciamento de proxectos de prevención de drogodependencias desenvolvidos por concellos, agrupacións ou mancomunidades de concellos, así como por entidades privadas sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia.

En total, o investimento previsto para os anos 2014 e 2015 ascende a 1.365.640,00 euros, dos cales 605.000,00 euros corresponden ás entidades privadas e 760.640,00 euros son para os concellos.

O desenvolvemento destas actuacións ten por obxectivo promover a adopción de estilos de vida saudables e de ocupación do tempo libre entre os adolescentes e mozos galegos, ademais de potenciar, nos diversos colectivos nos cales se intervén, factores de protección e reducir o impacto de determinados factores de risco asociados ao consumo de drogas. Tamén que outros colectivos implicados na prevención, como familiares ou docentes, funcionen como axentes de saúde.

Nesta páxina pódense atopar as bases reguladoras das dúas convocatorias, así como os certificados necesarios para a fase de xustificación dos gastos realizados polas entidades beneficiarias.