Programa de Promoción da Saúde no Ámbito Laboral

Programa de Promoción da Saúde no Ámbito Laboral

A promoción da saúde no lugar de traballo reduce a carga das enfermidades relacionadas con este e contribúe á creación de capital social, ao fortalecer á persoa, a título individual, e os recursos organizativos que conducen a súa saúde. Ademais reduce o absentismo relacionado coa enfermidade e aumenta a produtividade e a competitividade.
 
Con este programa preténdese dar un paso máis na prevención do deterioro da saúde dos traballadores e traballadoras, incidindo no seu estilo de vida e creando unha cultura axeitada de organización saudable.
 
Así mesmo, unha empresa promotora de saúde é aquela que, ademais de cumprir con todas as medidas de seguridade e de prevención de riscos laborais, se preocupa polo benestar do seu persoal, que é o seu principal activo; apoia de maneira activa a política de promoción da saúde na contorna laboral e fóra dela e está comprometida coa comunidade á que pertence, e coa sustentabilidade. Por todo isto, créase un marco para que a organización acade un liderado centrado no benestar, xere un clima laboral saudable e o persoal perciba as condicións laborais de xeito positivo.