Paso a Paso, Chanzo a Chanzo. Coida a túa saúde

Paso a Paso, Chanzo a Chanzo. Coida a túa saúde

Promoción da actividade física no ámbito laboral

Esta iniciativa vai dirixida ao persoal e usuarios de empresas ou institucións que queiran adherirse para o fomento do estilo de vida saudable no ámbito laboral.

O proxecto ten como obxectivo, sensibilizar á cidadanía da importancia que teñen para a saúde a actividade física regular e a vida sen tabaco. Para isto deseñáronse carteis adhesivos moi vistosos con diferentes mensaxes que animan a tomar as decisións mais saudables en cada momento.

Este material debe colocarse no acceso ao edificio, en portas de ascensores, escaleiras, corredores, etc., e dicir nos lugares por onde se despraza o persoal e os usuarios, dándolle prioridade, a aqueles lugares de maior afluencia.

A colocación destes carteis xa se levou a cabo en varios edificios administrativos e sanitarios: por exemplo no edifico de servizos centrais da Consellería de Sanidade, centros provinciais do ISSGA, Hospital Naval de Ferrol, edificio do Departamento Territorial de Sanidade de A Coruña, edificio administrativo da Xunta de Galicia de Pontevedra, etc.

Respecto á colocación dos materiais, cada empresa ou institución levará a cabo esta tarefa polos seu propios medios, seguindo as instrucións que se facilitan. Así mesmo, recoméndase seguir as indicacións que figuran nas prescricións técnicas para garantir a durabilidade da sinalización.

En caso de dúbida, se poderá contar coa asesoría dun técnico da dirección xeral de Saúde Pública. Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde. Pode solicitala no seguinte enderezo electrónico: Vida.Saudable.eps@sergas.es

Para poder ter unha relación dos centros ou instalacións que se adhiren a esta iniciativa agradeceríamos que, unha vez rematada a colocación de todo o material, nos comunicaran a identificación do/s centro/s sinalizado/s utilizando o mesmo enderezo electrónico. Poden tamén incluír algunha/s foto/s do centro na/s que se vexa a sinalización.

 

 

20200128-Chanzo.PNG