Programa Galego de Vacinación (PGV)

Programa Galego de Vacinación (PGV)

Os programas de vacinación constitúen unha das medidas máis eficaces e cunha mellor relación custo-beneficio de todas as actuacións sanitarias.

Dispoñen de máis información na web https://coronavirus.sergas.gal/ 


As posibilidades de previr enfermidades mediante vacinacións, no neno e no adulto, crecen de forma constante e rápida. A revisión frecuente e periódica dos calendarios vacinais comunitarios é xa imprescindible, cos obxectivos de incorporar novas vacinas, reducir a súa complexidade e simplificar a súa aplicación. Debido a estes e outros requirimentos, a práctica vacinal constitúe un continuo reto.

No campo das vacinas, asístese a unha aceleración da investigación,  desenvolvemento e comercialización de novos produtos.

A actualización das pautas de inmunización non é por si soa suficiente, as instancias públicas pertinentes  deben promocionar a súa adecuada divulgación  para conseguir que a totalidade da poboación se beneficie da dispoñibilidade de preparados vacinais eficaces e seguros.